Archivo por meses: abril 2018

Taxi Pirata en La Habana

 

Es Domingo por la tarde y el Parque Central de La Habana, un momento antes abarrotado, empieza a despejarse. Todos se van a sus casas una vez acabado el acto de presentación del libro “Cien Horas con Fidel”, en él que se recogen las conversaciones del Comandante con Ignacio Ramonet. Está editado por la Oficina de Publicaciones del Consejo de Estado y en su presentación intervinieron relevantes personalidades del Gobierno y del Partido Comunista Cubano.

Está a la venta en varios puestos del Parque y nos sumamos a una de las interminables colas.

  • Solo en pesos cubanos mi amor, no aceptamos convertibles.
  • Cuanto cuesta?
  • 15 pesos cubanos.

Me acerco a un grupo de jóvenes equipados con camisetas de voluntarios y les propongo un cambio, pesos convertibles por pesos cubanos. Aceptan encantados. Con mis 15 pesos me acerco a comprar el libro de Ramonet, editado en La Habana al precio de 0,75€

La gente se va yendo rápidamente ocupando todo tipo de transportes y nosotros intentamos coger un taxi para ir a cenar a casa de Danilo. Está complicado, no pasa ninguno o pasan repletos.

Dos tipos en un coche particular nos están mirando, después de un rato se deciden a acercarse y nos ofrecen un viaje. Negociamos el precio y subimos al coche.

  • Oiga, tienen permiso para llevar turistas?, pregunto.
  • No, no lo tenemos.
  • Y no los para la policía?
  • Si, claro, continuamente, nos paran y nos ponen una multa cada vez, pero es igual, cuanto más nos detienen más ganas le ponemos, tenemos que buscarnos la vida.
  • Viven de esto?
  • No solo, yo soy mecánico y gano 375 pesos cubanos, tengo 2 hijos y con eso no me llega. El taxi lo llevamos entre los dos, vamos a medias en este negocio.

El  que conduce no dice nada, su compañero sigue charlando.

–  El coche está que se cae, quizás podrían arreglarlo un poco?.

  • No podemos por que no es nuestro.
  • Y de quien es?
  • De otro colega, nos lo deja para el negocio y le pagamos 300 dólares USA al mes por el alquiler.
  • Y con lo que pagan de alquiler y las multas es un buen negocio?
  • Si, claro que es negocio, trabajamos muchas horas, sobre todo de noche que hay menos taxis en La Habana, ya saben como está el transporte, hay poco y todo vale -sigue hablando durante todo el viaje-  yo lo que quiero es trabajar, ganarme mis pesitos, poder comprar lo que quiera e irme de viaje, como hacen ustedes cuando vienen aquí, yo también quiero ir a su país.

Al despedirnos les deseamos suerte y con voz grave nos dedica esta frase:

  • “Un hombre no se mide por las veces que cae sino por las veces que se levanta” .

Frase grande que él identifica con su lucha cotidiana, y sí, en La Habana vale.

©Mabel Pérez Simal

 

 

 

 

 

 

 

SÁLVORA

Embarcamos no Grove rumbo á nosa primeira viaxe á illa de Sálvora. No catamarán, rodeados de turistas, imos un grupo de amigos, Juanzi e Marisa, Alfredo, Lía e Salgado, Jose e eu, con espírito excursionista e curiosidade por esta illa, unha das do Parque Illas Atlánticas. Sálvora é a máis descoñecida e menos visitada, talvez porque nela non hai xente, nin actividade, nin bares; non hai máis ca o faro, o seu fareiro e dous vixilantes do parque.

O mar calmo e a néboa acompáñannos toda a viaxe, esa bruma cerúlea que se mestura co azul metálico do mar, nun horizonte único e frío. A travesía, dunha hora máis ou menos, vainos botando da ría de Arousa, nunha ruta festonada de bateas: mil seiscentas apértanse na ría, coas súas cordas bambeando ao compás das correntes que engordan mexillóns e ostras.

Unha liña de ondas a xirar en espiral indícanos o encontro de dúas correntes que forman un efecto de bucle.

Chegamos á illa e recalamos a carón do espigón, nunha praia de auga turquesa, transparente, e area moi branca. Entre as rochas míranos desembarcar a Serea, unha das moitas lendas da illa: sereas, mouros, Santa Compaña, historias de barcos e capitáns, de piratas e de amores que aínda planan nos ceos da illa.

A antiga fábrica de salgadura e a ermida son os edificios que acompañan a serea e as lendas. A ermida foi taberna e nela contábanse historias, líanse libros e compartíanse viaxes, o centro social dunha porción de terra illada en tempos de escaseza e escuridade.

Agora, o camiño de terra cóbrenos de po negro os pés semidescalzos. Discorre entre enormes rochas, unhas multiformes, outras tan chairas que semella formaren un anfiteatro. Camiñamos entre breixos, abruñeiros e pequenas matas floridas; atravesamos o pequeno bosque de eucaliptos camiño da fonte de auga doce á que se achegan algúns cabalos, preto da aldea, situada no lado da illa que mira á ría, con acceso á praia e protexida da bravura do océano Atlántico.

As casas, malia os anos que levan deshabitadas, mantéñense en pé coa súa estrutura comunitaria orixinal, formando un rectángulo onde todas as portas dan á eira de pedra, o espazo común. A sensación é tribal, conviven e míranse de fronte; sensación de protección con pouca intimidade.

Do outro lado está o faro. Alí, mirando cara ao océano, vese a liña de afiadas rochas que apenas despuntan da tona do mar; mais por baixo da auga agochan todo o seu potencial destrutor: é o lugar do naufraxio. Imaxinamos o Santa Isabel,cunha enorme vía de auga, afundindo pouco a pouco. Centos de persoas que iniciaran a súa viaxe no porto da Coruña debatéronse no mar xeado do mes de decembro, loitando contra a morte. A fin da súa viaxe ás Américas. Algunhas persoas deron salvado a vida grazas ás heroínas de Sálvora, pero esa é outra historia.

©Mabel Pérez Simal

Corrección Lingüista: Begoña Méndez