Eu tamén soño coa primeira cereixa do verán.
Soño con ceos azuis enchidos de calor e con árbores verdes acuguladas de verdes follas.
Soño con me deitar á sombra fresca dun carballo, mirando as raiolas de sol que se filtran entre as follas; fíos de luz que queren alcanzar o chan, tropezan unha e outra vez na súa caída. Algunhas chegan ao final, alí onde eu estou, deitada e sumida na frescura.
Soño co sosego preciso para gozar de todas as sensacións, co pensamento adormentado, ese espazo onde non caben as dúbidas nin as incertezas.
© Mabel Pérez Simal
Moi chula a foto! E moi chulo o texto! e en galego! Bravo, bravo!